Friday 03 de May de 2024

O goberno liderado por Manuel Fernández Munín levará mañá ao Pleno Municipal de Boqueixón a súa renovada composición


 

Potenciar aquelas actuacións que incidan no entorno máis próximo da veciñanza, obxectivos do modelo de xestión municipal

O Concello de Boqueixón celebrará mañá o Pleno Municipal de organización. Unha sesión extraordinaria na que se fixará a periodicidade dos plenos municipais, que se prevé se seguirán a celebrar o segundo mércores dos meses impares (xaneiro, marzo, maio, xullo, setembro e novembro) ás 20.30 horas.

O Pleno boqueixanés tamén dará luz verde ao reparto das áreas de goberno. Quedarían do seguinte xeito:

• Manuel Fernández Munín, Alcaldía
• Ana María Seijo Mosquera, primeira tenente de alcalde e concelleira de Servizos Sociais e Igualdade
• José Manuel Canabal Vázquez, segundo tenente de alcalde e concelleiro de Turismo e Desenvolvemento Local
• Marta Magina Copóns Neira, terceira tenente de alcalde e concelleira de Educación, Cultura, Deporte e Xuventude
• Alejandro Bermúdez, concelleiro de Industria, Emprego e Desenvolvemento Económico
• José Manuel Iglesias Gómez, concelleiro de Economía e Facenda
• Jesús Sanjuás Mera, concelleiro de Servizos Xerais, Seguridade, Medio Ambiente, Vías e Obras

Dúas adicacións exclusivas e unha parcial

Ademais, levaranse a pleno as adicacións exclusivas da equipa de goberno. Segundo explica o alcalde, Manuel Fernández Munín, “Boqueixón adicará 85.000 euros brutos anuais (dos 127.346,72 € que permite a normativa vixente) para dúas adicacións exclusivas a tempo completo e unha a tempo parcial”. As dúas primeiras recaerán no propio rexedor (35.000 € brutos anuais) e no concelleiro Jesús Sanjuás (26.000 € brutos anuais), mentras que a parcial (ao 75%) será para o edil José Manuel Iglesias (23.900 € brutos anuais).

Deste xeito, Fernández Munín pretende darlle máis protagonismo ao seu equipo, delegando parte da xestión interna e reforzando as competencias e responsabilidades de cada concelleiro/a na súa área. “O renovado modelo de xestión municipal ten como principal obxectivo as persoas. Neste novo período pretendemos potenciar aquelas actuacións que incidan directamente no entorno máis próximo da nosa veciñanza: a súa aldea, os servizos e as actividades municipais na súa parroquia, o coidado da contorna, a cultura e o deporte e as infraestruturas de proximidade”, concreta o rexedor boqueixanés.

Órganos colexiados

Na sesión plenaria de mañá tamén se debaterá sobre os nomeamentos de representantes dos distintos órganos colexiados. Así, a proposta da alcaldía é que a Xunta de Goberno Local estea composta polos edís Ana María Seijo, José Manuel Canabal e Marta Copóns. Por outra banda, designáronse aos representes nos diferentes órganos colexiados:

• Representantes do Consello Escolar:
– Titular: Marta Magina Copóns Neira
– Suplente: José Manuel Canabal Vázquez
• Representantes no padroado da Fundación Pedro Pérez:
– Presidente titular: Manuel Fernández Munín
– Suplente: José Manuel Canabal Vázquez
– Vogal 1: Ana Mª Seijo Copóns Neira
– Suplente: Marta Magina Copóns Neira
– Vogal 2: Iván Eirís Castro
– Suplente: Ángela Santasmarinas Lorenzo
– Vogal 3: Ángeles Villa Couto (alcaldesa pedánea de Ledesma)
– Vogal 4: Manuel Cao González (alcalde pedáneo de Ledesma)
– Vogal 5: director do CPIP Antonio Orza Couto
• Integrantes da Mesa de Contratación:
– Presidente titular: José Manuel Canabal Vázquez
– Suplente: Jesús Sanjuás Mera
– Vogal 1: Ana Mª Seijo Mosquera
– Suplente 1: Marta Magina Copóns Neira

Por outra banda, Jesús Sanjuás Mera será o representante no GDR Terras de Compostela e na Xunta de Compensación SAUI, quedando como suplente o alcalde. Manuel Fernández Munín será o representante do Concello na Fundación Refuxio de Animais de Bando, quedando Jesús Sanjuás Mera como suplente, neste caso.

En canto ao aboamento das asistencias aos órganos colexiados, darase luz verde a unha retribución de 120 € por sesión dos Plenos, Xuntas de Goberno, Comisión de Contas e Mesas de Contratación.

Finalmente, as retribucións dos grupos políticos fixaranse do seguinte xeito, tal e como se especifica na proposta que se levará ao pleno de mañá:

• 50 euros de dotación económica trimestral fixa por grupo político (total de 400 € ao ano)
• Dotación de 1.972,72 €/ano ao grupo do PP municipal
• Dotación de 1.127,27 €/ano ao Grupo Municipal Veciñ@s de Boqueixón